Sergio Alba presenta en Antas o espectáculo de humor “Dous rombos… Pasa para a cama”

Calquera tempo pasado foi mellor… ou non?

O artista ulloán Sergio Alba, presenta en Antas o espectáculo de humor «Dous rombos… Pasa para a cama» Un show no que o pasado, estará moi presente.

O show, escrito e dirixido polo artista, lembra entre risas aquel tempo no que nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor.

Sabemos que é inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor.

.

Na Casa da Cultura de Antas de Ulla, o sábado 3 de xaneiro ás 20.00 horas.

Entradas anticipadas en Antas de Ulla (Ferretería Patao e Café Bar Torino) e no 619906206.

Comparte éste artículo
No hay comentarios