Pleno Extraordinario, 30/12/ 2025 da dimisión de José Tomé da presidencia da Deputación de Lugo
-Quero manifestar a grandísima honra que supuxo para min presidir esta Institución, como é a Deputación Provincial de Lugo, dedicándolle intensamente estes 6 anos e medio da miña vida, para servir ós intereses da Provincia de Lugo, de todos e todas as veciñas, cunha implicación e dedicación que, creo, que está fora de toda dúbida, desenvolvendo as miñas funcións con total transparencia e respecto absoluto aos principios éticos e dereitos constitucionais de cantas persoas compartiron conmigo estes anos.
-Tiven o pracer de presidir un Goberno exemplar entre PSOE e BNG, tanto no traballo diario como na relación humana, respectando os acordos e a independencia de cada parte do Goberno.
-Quero agradecer a todos os traballadores e traballadoras, a súa colaboración, o seu traballo e seu esforzo na acción de Goberno, dende os Xefes de Servizo ata o último funcionario, e pídolles que continúen con ese mesmo espíritu.
-Do mesmo xeito tamén quero mostrar o meu agradecemento ós asesores e asesoras, que sempre estiveron onde facía falta, e por suposto, ós compañeiros e compañeiras que me teñen demostrado a súa lealtade.
-Igualmente quero recoñecer o traballo dos medios de comunicación que desenvolven a súa labor na provincia de Lugo, que informaron dos asuntos desta casa e polo trato persoal que me dispensaron durante estes anos que sempre foi respectuoso.
-Solo espero e lles pido humildemente que, cando todo isto se aclare e se demostre a miña inocencia, coa mesma profesionalidade e co mesmo rigor informativo, deixen ben claro que son inocente, que todo isto foi falso e que obedece a cuestións políticas supraprovinciais, onde Eu non era nin o único, nin o principal obxectivo.
-O dano está feito, persoal, político, familiar e social, xa non ten volta atrás a pesar da inxustiza que quedará en evidencia no seu momento, porque quen nada fixo, nada ten que temer.
-Si en algún momento dos debates, alguén puido sentirse ofendido, vaian por diante as miñas desculpas.
-Solo me queda facer tres afirmacións con rotundidade:
1ª- Son inocente.
2ª-A presunta denuncia é falsa.
3ª-Non pararei ata descubrir o que hai detrás.
-Feliz Ano 2026 e moitas grazas.