A lousa de Losada e unha desconexión de cinco minutos seguen facendo que Riazor sexa un viveiro de puntos para o Sevilla

O Deportivo non puido co Sevilla e suma o seu sexto partido sen poder gañar ás hispalenses. Unha ABP perfectamente executada e dous despistes defensivos, todo elo no segundo tempo, abondaron para que Riazor continúe a ser un lugar de puntos para as andaluces. Wifi, cun dobrete por segunda xornada consecutiva, Fatou e Andrea Álvarez, anotaron os goles das forasteiras.

Ao comezo e ao final

O Deportivo, reforzado pola maior goleada da súa historia na categoría, recibiu a un dos mellores Sevilla da historia dominando. O conxunto branco e azul, ben posicionado, montou o partido sobre a parcela do rival. O dominio proporcionoulle un par de achegamentos con centros desde esquerda á dereita, que foron resoltos por Ester.
O control prolongouse durante o primeiro cuarto do encontro. A partir de aí, chegou a primeira ocasión das hispalenses. Foi unha acción pola dereita de Rosita, que focalizou á liña de zagueiras locais entrando na área. No box, temporizou até ver o corredor para o servizo a Iris, pero a ex deportivista, na perpendicular do primeiro pau, disparou desviado.
A fase de dominio sevillista non lle proporcionou ocasións. A precipitación, como a de Raquel pasada a media hora, fixo que as de David Losada caeran varias veces en fóra de xogo.
No minuto 38, Yohana, que desbancaba da titularidade a Inês Pereira, con problemas musculares, evitaba o gol olímpico de Rosita logo dun saque de esquina fechado ao primeiro pau.
Os últimos minutos do período deixaron ocasións para as galegas. Lucía Rivas, logo dun desmarque elíptico, ficou soa diante de Ester, pero o seu inocente xute foi detido en dous tempos por Ester.
No comeo do prolongamento, unha subida en condución de Samara levouna até a liña de fondo. A defensa visitante tapou os espazos, sobre todo a liña do primeiro pase para Pizarro, e a lateral consumiu a xogada sen que tivera consecuencias.

O Deportivo desconecta tras o 0-2

O segundo tempo comezou como rematou o primeiro, coa colexiada facendo uso dos cartóns. No minuto, logo do recibido por Pizarro, funcionou a lousa de David Losada. A falta, sacada en cuarto nos tres cuartos, foi para Esther, que tiña memorizado o movemento de Wifi dentro da área. A atacante recibiu, xutou cruzado a superou a Yohana no minuto 51. A ex colchonera, que non marcara até a pasada xornada, sumaba o seu terceiro gol en dous partidos consecutivos.
O Deportivo quixo reaccionar axiña. Tras as primeiras substitucións, Olaya, desde lonxe, aproximou o seu disparo á trabe. Xa pasara a hora de xogo.
No minuto 67 apareceu de novo Wifi. A atacante abriuse á esquerda para recibir un pase desde tres cuartos. Recibiu perto da frontal, orientou para ver a saída de Yohana, e xutou cruzado, por alto, para que non puidera chegar a porteira local. A sevillista xa non marcaba por segunda xornada seguida, senón que facía o seu segundo dobrete nelas.
O partido sentenciouno Fatou co Deportivo desconectado. Chegou a un pase profundo, entrou á área polo bico dereito e cruzou sobre a saída de Yohana no minuto 70.
Con todo perdido, o Deportivo foi máis ao ataque e Rosita, nun mal despexe que acabou en córner, e Vera, collendo o balón solto tras o lanzamento, puideron sumar para as branco e azuis. Aínda así, quen se achegou ao gol foi outra vez o Sevilla, cun disparo de Andrea Álvarez á base do pau. Faríao no 88, nun disparo desde 40, que Yohana non atallou por medir mal e pasar de freada a un disparo moi sinxelo de atallar..
No prolongamento, Ester evitou o gol da honra das locais estirando a perna para desviar o coiro no man a man ante Pizarro.

Ficha

SABADO 14/02/2025 (16,00) Campo: RIAZOR (631)
R.C.D. LA CORUÑA : 0 – SEVILLA F.C. : 4 (0‑0)

COR : Yohana; Samara (Paula Monteagudo 85’), Barth, Raquel (Elena 85’), Vera; Olaya, Lucía Martínez (Bárbara 85’), Paula (Eva 89’); Lucía Rivas (Marisa 62’), Pizarro, Ainhoa. Tre. Fran Alonso. (Banco: Inês Pereira (g); Artero; Paula Novo; Lía).
SEV : Ester; Alice, Iris, Isa, Esther; Fatou (Andrea Álvarez 75’), Rosita, Cortés (Gema 62’), Alicia (Julia Torres 62’), Raquel (Albeta 83’); Wifi (Hagel 75’). Tre. David Losada. (Banco: Cheza (g); Débora).
Goles: 0-1 Wifi 51’; 0-2 Wifi 67’; 0-3 Fatou 70’; 0-4 Andrea Álvarez 88’.
Árbitra: Cebollada López (Aragón). Auxiliares: Puente Pino e Lombardero Díaz. 4ª árb

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios