Ó fútbol de Primeira volve a Riazor cun Deportivo-Barcelona, un partido para gozar ollando ás galegas, que teñen a permanencia case garantida, diante dun dos mellores equipos do mundo con Alexia, Bonmatí, Pajor ou Pina. Tivemos as voces de Fran Alonso e Espe Pizarro para valorar o partido. A uruguaia, ademais, tras recibir o premio de mellor xogadora deportivista de febreiro.
Ante a nova xornada de folga na Terceira, tivemos a ocasión de pararnos cos dous equipos que fechan a táboa no grupo I da Segunda Federación, Por un lado, de viaxe a Burgos, contamos con Fran Doval, técnico do At. Villalonga, que nos falou dos retos do equipo na fase final do torneo,
Despois fixémolo coa nosa emigrada Goretti Neira. A central, nunha campaña espectacular no persoal, lidera ao seu equipo como goleadora logo de anotar cinco dianas: “Nunca metera tantos goles, logo de pasar dous anos sen marcar”.
No estudio estivo René Díaz, o adestrador galego que logo de pasar por equipos coma o Pastoriza, Bergantiños e Sp. Cambre, abre unha nota etapa viaxando a Estados Unidos logo dunha oferta que lle fixo o D. Cali para traballar nas súas escolas en Miami.
No programa tamén tocamos a posibilidade da creación dun novo grupo de Segunda Federación para a próxima campaña, o que modificaría o criterio de descensos e/ou de ascensos á categoría desde a Terceira.
Foto: Goretti. © R. Avilés Ind. C.F..