A UDC participará no taller de investigación da OTAN sobre a protección de recursos de auga potable fronte á contaminación militar  

O investigador Moisés Canle analizará xunto cunha trintena de científicos de trece países esta problemática e as tecnoloxías actuais dispoñibles para poder facerlle fronte.

A cidade portuguesa de Lisboa acollerá a próxima semana o Taller de Investigación Avanzada G7914 «Enfoques para reducir o impacto das actividades militares nos recursos de auga potable», no que participará por parte da Universidade da Coruña o investigador e docente Moisés Canle, que falará sobre o  impacto da contaminación persistente difusa na auga e as tecnoloxías paliar a situación. 

Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa Ciencia para a Paz e a Seguridade (SPS) da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). O taller está organizado conxuntamente pola Universidade de Stuttgart (Alemaña) e a Universidade Técnica Nacional de Donetsk (Ucraína) co apoio deste programa. 

O evento reunirá 30 científicos e persoal experto de 13 países, incluídos estados membro da OTAN (Alemaña, Reino Unido, Estados Unidos, Países Baixos, España, Polonia, Portugal, Estonia, Letonia, Eslovaquia) e países socios (Ucraína, Kazakistán, Marrocos), co obxectivo de abordar un dos desafíos de seguridade ambiental máis urxentes: a contaminación dos recursos de auga potable causada por actividades militares.

Esta acción pretende facilitar o diálogo científico e a cooperación internacional para protexer os recursos de auga potable fronte á contaminación por materiaisquímicos e explosivos asociados a operacións militares. A semana de traballocentrarase no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas fundamentadas cientificamente para monitorizar, protexer e restaurar os recursos de auga potable nas rexións afectadas por este tipo de actuacións. 

As persoas participantes presentarán tamén estudos de caso de rexiónsafectadas por conflitos e explorarán materiais innovadores e tecnoloxías de tratamento para a purificación da auga. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios