A XXXV edición da Festa da Filloa de Muimenta xa ten pregoeiro

O xornalista David Valverde Cabaleiro, nado en Vigo e criado en Baiona, é o actual presentador do Telexornal Fin de Semana da Galega.

Estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, cando rematou a carreira, estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo. 

Traballou en Canal Rías Baixas, Televisión Española, Radio Marca Vigo e na Galega, tanto en informativos como outro tipo de programas. Tamén foi ‘speaker’ en actos, sobre todo, deportivos. 

O pasado mes de decembro, participou no Festival Solidario organizado polos “Asubíos da Chaira” no Concello de Cospeito.

Recolle o testigo do actor galego, Denís Gómez que foi o pregoeiro da última edición.

O pregón terá lugar, o primeiro de maio, a partir das 13:30 horas no Recinto Feiral “Manuel Vila López” de Muimenta.

A organización da Festa da Filloa recae na Asociación de Empresarios de Muimenta, a través das comisións da Moexmu, e colaboran o Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo (áreas de Turismo e de Cultura), a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, Caixa Rural e numerosas empresas e particulares.

Comparte éste artículo
No hay comentarios