UGT e CCOO votaron en contra do primeiro Plan de Igualdade para o persoal do Concello de Pontevedra
Este Plan Igualdade saca á luz a realidade laboral discriminatoria do Concello de Pontevedra, que desde o Goberno deste concello se segue a negar. A desigualdade séguese apuntalando coas medidas correctoras que incluíron neste primeiro Plan de igualdade para o persoal do Concello de Pontevedra. Razóns de importancia polas cales UGT e CC.OO. votaron en contra, despois de traballar arreo coa máxima presentación de alegacións de melloras desde o inicio da negociación do plan que foron rexeitadas as fundamentais.
Algunhas destas razóns que xustifican o noso voto en contra son: falla de medidas de conciliación e corresponsabilidade, múltiples denegacións de permisos a sectores masculinizados recaendo sobre a muller as responsabilidades familiares, séguense promovendo que as secretarías sexan ocupadas por mulleres mentres que as presidencias e altos cargos recaen en homes, diferenzas da valoración de sectores feminizados do ano 1999 respecto da valoración de sectores masculinizados actualizados no 2022, falla na concreción das medidas a implantar, falla na calendarización das medidas (requisito imprescindible segundo a normativa vixente)…
0 26 de marzo emprazóusenos a unha reunión da mesa de negociación do Plan de lgualde anunciada polo director xeral como última mesa na que sería a votación definitiva do plan. Como resultado da votación,todas as Organizacións Sindicais voron en CONTRA agás a CiG.
Posteriormente a concelleira de Persoal fai unha nova convocatria o mércores de semana Santa a última hora da mañá para volver a someter a votación este Plan de lgualdade, cando xa estaba finalizado. Nesta nova e inesperada reunión, convocada con noctunidade e aleivosia, non se modificou o fundamental das achegas de UGT e CCOO a longo da negociación. Debido ao inesperado desta reunión a representación nomeada pola UGT para esta negociación non puideron acudir, o cal comunicou por escrito reiterando o seu voto EN CONTRA ningunha organización cuestionou esta votación.
Ainda co cambio de voto de dous sindicas (CSIFe CGT), o Goberno Local non consegue coa representividade que se rexistrou na acta de constitución a maioríia simple da representación sindical ao estar en contra do plan de igualdade a UGT, CCOO e SPPME. Coincide esta ruptura dos consensos que se viñan alcanzando neste proceso de negociación na primeira fase de auditoria retributiva e diagnose aprobada por unanimidade, co cambio de presidencia da Mesa de negociación. A presidencia foi asumida pola concelleira de Persoal, Eva Villaverde, que non viña asistindo ás reunións, pola dimisión do director xeneral de Recursos Humanos.
UGT e CCOO lamenta que a pesar de non obter unha maioría simple, o Goberno do BNG manteña a súa intención de levar este asunto ao Pleno deste luns, cando o Plan de igualdade tamén afecta á propia Corporación Municipal, e proba diso, é que a parte de diagnose de situación analizouse a composición das Comisións Municipais formadas por Concelleiros/as de todos os grupos, nomeamentos de Directores Xenerais, daquela 5 homes de 5 posto, entre outras consideracións. A pesar das conclusións o plan non establece ningunha medida de corrección para as desigualdades detectadas nos órganos de goberno.
Este Goberno do Concello de Pontevedra segue a ter a mesma constante: o seu obxectivo é obstaculizar o traballo sindical en xeral, incumprir o convenio e judicializar as xustas demandas das persoas traballadoras do concello