A Deputación da Coruña apoia con 463.394 euros a actividade cultural de 120 entidades da provincia

A entidade provincial vén de facer pública a resolución provisional do programa FO213/2026, destinado a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato.

A Deputación da Coruña vén de facer pública no BOP a resolución provisional da convocatoria de subvencións do programa FO213/2026, destinado a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato. A entidade apoia con 463 394 euros a actividade cultural no ano 2026 dun total de 120 entidades da provincia.

Nesta resolución, o importe máximo concedido ascende a 13 500 euros, mentres que a contía mínima é de 1500 euros.

A deputada de Cultura, Natividade González, manifestou que o obxecto destas axudas é «fomentar a promoción de actividades e investimentos nos campos da música tradicional e popular, adaptándonos ás necesidades destas entidades e colectivos culturais, que son pezas chave na dinamización sociocultural dos nosos concellos e que fan un moi importante labor de formación musical de base, transmisión de valores culturais e cohesión social».

González concluíu que é fundamental contribuír a entidades que «apoien claramente a diversidade cultural e garantan o dereito á produción e ao acceso cultural no noso idioma».

Listaxe de entidades beneficiarias

A continuación detállanse as 120 entidades que figuran na proposta de concesión provisional:

– Agrupación cultural Arume

– Agrupación folklorica Santiaguiños

– Agrupación folklorico cultural Gamelas e Anduriñas

– Agrupación musical de Abegondo

– Agrupación musical Emilia Pardo Bazán

– Alegre-Intermezzo

– Asoc. coral polifónica Mar De Ardora-Esmu De Carnota

– Asoc. cultural Banda de Gaitas do Ortegal

– Asoc folclórica Colegiata de Sar

– Asociación Airiños de Quenxe

– Asociación Airiños do Río Grande

– Asociación Arrancadeira

– Asociación Banda de Música Cultural de Teo

– Asociación Banda de música de Cedeira

– Asociación Banda escola de música de Visantoña

– Asociación C.R.D.Entroido de Samede

– Asociación Coral Airiños de Nós

– Asociación Coral Polifónica Ferrolana A Magdalena

– Asociación Coral Polifónica San Salvador de Pazos

– Asociación Costumes de Bergondo

– Asociación cultural A Carrabouxa de Teo

– Asociación cultural Adro

– Asociación cultural Airiños da Capela

– Asociación cultural Anduriñas de Xaviña

– Asociación cultural Axio Mouro

– Asociación cultural Banda de Música de Arca

– Asociación cultural Brisas do Quenllo

– Asociación cultural Coral Chorima de Castro

– Asociación cultural Coral Polifónica Brisas do Mar

– Asociación cultural Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz

– Asociación cultural Coral Terceira Idade Os do Canto

– Asociación cultural Coro Gaos

– Asociación cultural Cruceiro do Monte

– Asociación cultural deportiva A Meda de El Castro Sada

– Asociación cultural Donaire

– Asociación cultural e deportiva Carcaxia

– Asociación cultural e deportiva Xiada

– Asociación cultural e musical Herba Grileira

– Asociación cultural Embruxo Gaiteiros

– Asociación cultural Escola da Cabana

– Asociación cultural Faragulla Teixeiro

– Asociación cultural Inllar

– Asociación cultural Malante

– Asociación cultural Mons R Nemeth

– Asociación cultural musical Sementeira Narón

– Asociación cultural musical Solfa

– Asociación cultural Orquestra Gaos

– Asociación cultural Os Castros de Ames

– Asociación cultural Os Virapes

– Asociación cultural Os Xeitosos de Trazo

– Asociación cultural Pandeireteiras sen Fronteiros

– Asociación cultural Rondalla Sonidos del Alba

– Asociación cultural Rosalía de Castro

– Asociación cultural Santa María de Toras

– Asociación cultural Trovadores de Ares

– Asociación cultural Vai Rañala Meu

– Asociación cultural Vía Sacra

– Asociación cultural Xacarandaina

– Asociación cultural y recreativa Amigos de la música Banda de Música de As Pontes

– Asociación cultural, recreativa, de formación física e medio ambiental A Arreixeira Padrón

– Asociación de Alumnos y ex alumnos de la Universidad Senior

– Asociación de Coros y Danzas Eidos

– Asociación de Gaiteiros Galegos de Melide

– Asociación de Veciños San Pedro de Nós Os Rueiros

– Asociación do Lado do Sol

– Asociación Escola de música Santa Cruz do Concello de Vedra

– Asociación Faiscas da Pontraga

– Asociación folclórica e cultural Orballo de Pontedeume

– Asociación folclórica Lembranzas do Tambre

– Asociación grupo xuvenil Pena Maior

– Asociación música e baile tradicional Vai de Roda

– Asociación música e danza tradicional Queiroa

– Asociación musical A Misela

– Asociación musical Nova Troula

– Asociación musical Sons do Mar

– Asociación musical e cultural Cantabile

– Asociación Os Liantes

– Asociación recreativa e cultural Peque Rinforzantes

– Asociación Rondalla de Cariño

– Asociación sociocultural Fogo Fatuo

– Asociación Tercera edad A Lembranza

– Asociación Veciños e Veciñas San Adrián de Toba

– Asociación Xuvenil Xiradela

– Asociacións Sementeira Cambre

– Banda de gaitas Airiños de Fene

– Banda de música de Noia

– Banda de música de Santa Cruz de Ribadulla de Vedra

– Cantigas da Terra

– Cantigas e Agarimos

– Centro Cultural Simón Varela de Dubra

– Coral A Fonte do Souto

– Coral Airiños de Caranza

– Coral Polifónica Costa da Morte

– Coral Polifónica de Betanzos

– Coral Polifónica de Betanzos

– Coral Polifónica de Melide

– Coral Polifónica de Mera-Oleiros

– Coral Polifónica Eumesa

– Coral Polifónica Follas Novas

– Coral Polifónica Ortegana

– Coral Santa María de Cambre

– Coro de Espasante

– Coro de Oleiros

– Coro Vocalisse

– Escola de música Charamela

– Escola de música de Rianxo

– Grupo de baile e música tradicionais Brincadeira

– Grupo de baile e música tradicional Tahume

– Grupo vocal e instrumental Atlántico

– O Pedrón agrupación folclórica e cultural

– Obradoiro de cultura tradicional Ultreia

– Orfeon Terra A Nosa

– Paracetafolk

– Porteiroalvarellos

– Real Coro Toxos e Froles

– Rondalla So Elas

– Sociedad cultural deportiva e recreativa O Castro

– Sociedad cultural Monte Louro

– Sociedad cultural recreativa e deportiva O Pote

– Sociedad recreativa San Xoán de Calo

Comparte éste artículo
No hay comentarios