As traballadoras do 0-3 reclaman cambios urxentes no Día da Educadora Infantil para garantir unha educación de calidade en Galicia

A plataforma de traballadoras do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos) denuncia a situación actual das escolas infantís galegas e anuncia o inicio de mobilizacións coincidindo co 21 de abril, Día da Educadora Infantil, unha data clave para visibilizar a realidade do sector.

As profesionais alertan de que están a desenvolver o seu labor en condicións que dificultan garantir o benestar e unha atención axeitada aos nenos e nenas. Entre as principais problemáticas sinalan unhas ratios moi por riba das recomendacións europeas, a falta de tempos para a planificación e avaliación educativa, así como a ausencia de formación continua adaptada ás necesidades actuais.

Ademais, denuncian a insuficiencia de medios humanos e materiais no ámbito da atención temperá, o que limita a capacidade de detección e intervención precoz en posibles dificultades do desenvolvemento.

A plataforma lembra que o ciclo 0-3 forma parte do sistema educativo e, como tal, debe ser tratado desde unha perspectiva pedagóxica e non unicamente asistencial. Neste sentido, reclaman o seu recoñecemento educativo e a súa adscrición á consellería competente en materia de educación.

Entre as súas reivindicacións principais destacan:

– O recoñecemento educativo do ciclo 0-3.

– A redución das ratios segundo as recomendacións europeas.

– A revisión do calendario escolar e a inclusión de tempos de atención non directa para as educadoras.

– O acceso a formación continua, actualizada e de calidade.

– O reforzo dos recursos humanos e materiais na atención temperá.

Aproveitando esta data simbólica, a plataforma fai un chamamento ás familias, ás ANPAS e ao conxunto da sociedade para apoiar estas demandas, subliñando que “mellorar as condicións do 0-3 é investir directamente no benestar e no futuro da infancia”.

O 7 de Maio iremos a folga Xeral dos centros de 0-3 convocada por CGT e agora outros sindicatos coma CCOO.

Esa mesma xornada a Plataforma concentrarse en diversas cidades galegas as 18h e leeremos o manifesto que adxuntamos coas nosas reivindicacions e apoio as compañeiras e compañeiros que atopense de indefinida na comunidade de Madrid.

Esperamos que a prensa poñades voz aos educadores e educadoras infantís de Galicia.

Tamen existe prevision dunha manifestación de tódalas plataformas autonómicas en Madrid o 23 de Maio.

Dignidade para o 0-3.

Comparte éste artículo
No hay comentarios