Elena Candia reúnese co Comité de Empresa e coa Xunta de Persoal

A alcaldesa de Lugo mantivo esta mañá as primeiras reunións de traballo cos representantes do comité de empresa (CC.OO, UGT, USO e CIG) e da xunta de persoal do Concello de Lugo, xuntanzas nas que participron membros dos distintos sindicatos (CSIF, Unión Sindical de Bomberos, CC.OO, UGT, USO e CIG). Elena Candia trasladoulles a súa vontade de manter unha relación baseada no diálogo, na escoita e na colaboración permanente cos traballadores municipais.

A alcaldesa destacou que o persoal municipal “é unha peza fundamental para mellorar o funcionamento do Concello e a atención á veciñanza” e puxo en valor o traballo que realizan os empregados públicos “mesmo en departamentos que levan anos asumindo unha importante sobrecarga de traballo”.

Comité de Empresa

Durante ambas xuntanzas, a alcaldesa púxose á disposición dos representantes dos traballadores para escoitar as súas demandas e prioridades, coa vontade de avanzar nunha mellor organización interna e na planificación das necesidades de persoal máis urxentes. Nese senso emprazoulles a manter a vindeira semana unha mesa de traballo

No caso do comité de empresa vanse reunir previamente para fixar as prioridades para profundizar nas súas demandas e determinar aquelas que se poidan resolver nos vindeiros meses. Por parte da xunta de persoal xa avanzaron que urxe avanzar na carreira profesional e a modificación da Relación de Postos de Traballo.

Elena Candia subliñou que “un Concello que funciona mellor por dentro pode prestar mellores servizos aos lucenses”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios