O BNG de Lugo quere deixar claro que nunca negociou co PP ningún aspecto relacionado co pleno de organización, por dignidade política e por considerar ilexítimo o goberno conformado co apoio dunha concelleira tránsfuga.
Como consecuencia, o BNG votará en contra da proposta de organización que mañá levará ese bipartito ao pleno.
O BNG pode perder recursos, pero manterá a coherencia e a dignidade política no respecto á vontade expresada pola cidadanía nas urnas.