A elaboración por parte do novo goberno local de Lugo, en mans do PP, dun cartaz para anunciar a Noite dos Museos en idioma español dispara as críticas de diferentes colectivos cidadáns e do BNG na vespera das letras galegas. O cartel, asinado polo goberno municipal, anuncia as actividades que se desenvolverán na Noite dos Museos para o luns 18 de maio.
Rubén Arroxo lembrou que o Concello de Lugo dispón dunha ordenanza, dende o ano 2012 e aprobada por unanimidade, sobre o uso do idioma. A ordenanza establece que o concello usará a lingua galega como idioma principal para as súas comunicacións. “Sáltanse os estatutos do PP e aproveitanse do transfuguismo para chegar á alcaldía, é normal que se salten as ordenanzas municipais” dixo Arroxo que foi crítico co actual goberno por “incumprir todas as normativas vixentes”.
“A eliminación do nome da promoción da lingua foi premeditada e consecuente cos seus actos” dixo Rubén Arroxo referindose a esta acción e engadiu “non pasaron nin 10 días dende a chegada do PP ao goberno e xa lle atacaron 2 veces a nosa lingua”. O BNG reclamará o uso do galego en todas as actividades “pero é especialemte grave que se faga mofa do uso do galego nas vesperas do 17 de maio” concluiu o voceiro mmunicipal do BNG.