O BNG de Baleira preguntara no vindeiro pleno polo cambio de localización da ITV móbil

O Bloque Nacionalista Galego en Baleira a través do seu concelleiro, Tino Díaz, trasladará no vindeiro pleno unha batería de preguntas sobre o cambio de localización da ITV móbil.

Nos últimos tempos a ITV móbil tiña a súa localización na parroquia de Martín a onde acudían vehículos agrícolas de parroquias de Baleira, Pol, Ribeira de Piquín e Fonsagrada.

A veciñanza desta parroquia non entende este cambio de localización por parte do concello da ITV móbil que os obriga a trasladarse varios Km por estradas de montaña é «por iso que no vindeiro pleno preguntaremos a que se debe ese cambio de localización, se houbo cambios nas condicións para poder emprazarse a ITV móbil no mesmo lugar onde se viña colocando nestes últimos tempos» apunta Tino Díaz

Vemos como o Partido Popular «se lle enche a boca falando de rural galego pero a hora da realidade o único que fan en quitarlle servizos á veciñanza, o rural galego o que precisa é unha discriminación positiva e ter cada vez máis servizos non ilos minguando pouco a pouco» conclúe Díaz

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios