A alcaldesa e a conselleira de Vivenda anuncian que o luns se licitan as obras de Serra de Meira cun investimento de 1,1 millóns de euros

 A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe xunto coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na presentación da licitación das obras de mellora integral da rúa Serra de Meira, unha actuación na que a Xunta de Galicia investirá 1,1 millóns de euros.

Ao acto tamén asistiron representantes das asociacións veciñais de Gatos Roxos, Sagrado Corazón e Paradai que pudieron coñecer de primeira man os detalles da intervención que se desenvolverá no tramo comprendido entre a glorieta de Serra de Meira e a glorieta da avenida Adolfo Suárez.

O proxecto inclúe a renovación do firme, a execución de novas beirarrúas, a mellora dos itinerarios peonís e a renovación dos servizos urbanos, ademais da modernización das redes de abastecemento, saneamento, iluminación e telefonía.

As actuacións previstas contemplan tamén a instalación de novo mobiliario urbano, dúas marquesiñas de autobús e a plantación de arborado para favorecer unha mellor integración paisaxística coa contorna do parque do Sagrado Corazón.

Durante o acto, Elena Candia destacou a importancia dunha actuación “moi necesaria para mellorar a seguridade, a accesibilidade e a mobilidade nesta zona da cidade”. A alcaldesa sinalou ademais que “hoxe damos un novo paso para seguir avanzando no desenvolvemento do Plan Paradai, un proxecto estratéxico para Lugo no que o actual Goberno municipal mantén o compromiso de continuar impulsando as actuacións pendentes.

Comparte éste artículo
No hay comentarios