Percorrido guiado para descubrir a historia industrial e humana de Sargadelos

O vindeiro domingo 31 de maio, a guía oficial Ana Pena, de Guía tu día, organizará unha visita guiada ao Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, no concello de Cervo, para coñecer de preto a figura de Antonio Raimundo Ibáñez, impulsor do primeiro gran proxecto industrial de Galicia e unha das personalidades máis destacadas da Ilustración galega.

O itinerario permitirá coñecer o antigo complexo siderúrxico e de louza de Sargadelos e continuará polo histórico Camiño Real, seguindo as beiras do río Xunco, clave para comprender o funcionamento das fábricas e a vida arredor de Sargadelos.

A proposta combina patrimonio, historia, industria e natureza nun paseo circular de dificultade baixa, pensado para todos os públicos e tamén pet friendly.

A visita dará comezo ás 11:00 horas e terá un prezo de 12 euros por persoa.

As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar reservas no teléfono 654 99 68 57.

Comparte éste artículo
No hay comentarios