O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo acompañado pola edil que tivo responsabilidades de goberno no cemiterio municipal de San Froilán, Cristina López,
esixiron ao actual goberno municipal a execución da obra que renovará as rúas 1 e 2 do Cemiterio. «Unha obra da que fixemos todo o proceso administrativo, e que só queda pendente a a súa execución», explicou Rubén Arroxo.
O portavoz do BNG destacou que nos últimos anos «desde o BNG fixemos un importante esforzo por manter o Cemiterio Municipal de Lugo que un dos poucos públicos que quedan no estado español», e afirmou que esta actuación era «un paso máis» na mellora dos espazos deste. O BNG, desde a área de Participación, preparou un proxecto que permitirá a mellora e rexenaración do firme avanzando o mantemento e mellora deste espazo singular usado por moitos milleiros de persoas.
A adxudicación da obra foi para empresa SANLE SL cun orzamento de 120.195,48€. A renovación deseñada desde a área de Participación baséase na renovación integral do firme desta rotonda. Para isto, os traballos comezarán co fresado da capa de rodadura actual e coa instalación posterior dunha nova capa de rodadura baseada en crear un novo pavimento con formigón impresa e instalarase unha canle de drenaxe na nova zona para recoller as augas pluviais ao longo da calzadas proxectadas. Adapataranse as pendentes ás das vías adxacentes e tamén está prevista a instalación de canalizacións e arquetas para os servizos eléctricos.