Elena Candia revisa o inicio das melloras no leirapárking do HULA e avanza na súa solución definitiva

O Concello de Lugo iniciou hoxe os traballos de mellora do leirapárking do HULA, unha actuación inmediata destinada a mellorar a seguridade e a comodidade dos usuarios deste espazo.

A alcaldesa, Elena Candia, e o concelleiro de mobilidade e obras, Antonio Ameijide, destacaron que esta intervención permitirá acondicionar o terreo e mellorar as condicións de uso mentres se ultima unha solución definitiva.

Desde o Executivo municipal subliñan que os servizos técnicos xa están a traballar no proxecto que permitirá resolver de maneira estable os problemas que presenta este aparcadoiro, evitando actuacións puntuais e repetidas no futuro.

“O importante non é só actuar agora, senón garantir unha solución duradeira que evite ter que volver dentro duns meses a arranxar os mesmos problemas”, sinalan desde o Concello.

Comparte éste artículo
No hay comentarios