O BNG de Lugo saiu ao paso do nomeamento de Alfonso Villares como novo delegado da Xunta e asegurouse que este nomeamento «amosa a división soterrada que sufre o PP». O Concelleiro do BNG, evitou falar da pasada denuncia contra este home, e centrouse na rehabilitación «política» que se pretende facer nomeando Delegado da Xunta en Lugo asegurando que «a moción de censura que Candia promoveu no Concello de Lugo, coa transfuga María Reigosa, non gustou no PP e están movendo fichas cara as vindeiras eleccións municipais».
«Xa van varios avixos soterrados a Candia dende a súa moción» e engadiu que «é un novo ataque interno a Candia despois do nomeamento de Raquel Árias como vicepresidenta do Parlamento». O Concelleiro nacionalista explicou que «dende Santiago queren evitar que no PP xurda un novo birreinato como o que tivo Cacharro no seu día».