A feira celebrarase os días 5 e 6 de xullo na parroquia de Esperela.
A Deputación da Coruña apoia unha nova edición da Feira do GastroLexítimo de Paderne, que se celebra por terceiro ano consecutivo na localidade de Esperela os días 4 e 5 de xullo. A entidade provincial participará cun espazo propio onde se instalará un mercado de produtos locais procedentes de distintos puntos da provincia, e onde tamén se celebrará a actuación musical principal da feira: o concerto deMilladoiro.
Regueira puxo en valor durante a presentación da feira o potencial do patrimonio vitivinícola da provincia, que “representa a vida mesma da provincia”. “Unha provincia”, engadiu, “na que temos unha fortuna enorme e na que contamos con 10.500 aldeas, o que supón un incontable valor cultural”, sinalou, “onde viven persoas que traballan e conservan a nosa paisaxe, producindo alimentos de alta calidade e mantendo vivo o noso tecido productivo”. “Todo isto”, sinalou o vicepresidente, “represéntase neste evento que non so fala de viño; fala de legado; esencia; esforzo colectivo e unha implicación enorme para conservar patrimonio”. E rematou dando as grazas “ás persoas que facedes que o noso rural sexa algo que celebrar todos os días”.
Pola súa banda, o alcalde de Paderne, Sergio Platas, agradeceu unha vez máis á Deputación da Coruña “a súa sensibilidade co territorio, e aposta polo turismo sostible, e por entender que apoiar esta feira é apoiar aos concellos pequenos, aos nosos produtores locais, adegueiros e a todo un sistema productivo que está facendo un enorme traballo”.
Esta terceira edición persegue consolidar este evento do mundo gastronómico e da viticultura locais non só a nivel comarcal, senón tamén galego e como unha icona da súa identidade con máis arraigo. Como obxectivo prioritario segue ser o seguir exaltando o traballo dos produtores locais e o potencial que ten a propia Denominación de Orixe Branco Lexítimo. O pregón correrá a cargo da humorista Lucía Veiga, e o prato estrela musicalmente falando será o grupo de folk Milladoiro, que actuará o sábado á noitiña.