III Encontro do Livro Galego reúne diferentes especialistas do sector editorial para analizar feiras do libro e outras vías de internacionalización

Manuel Bragado pronunciará a conferencia inaugural, sobre o libro e a lingua galega no mundo.

No dia 18 de xuño terá lugar o III Encontro do Livro Galego. Será na Sala de Xuntas da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña (UDC). Esta terceira cita ven consolidar uns encontros que, desde o ano 2024, reúnen investigadoras e profesionais do sector do libro na Galiza. Nesta ocasión o tema de análise será o estado atual do campo editorial galego e algunhas das súas vías de internacionalización.

O evento abre con unha conferencia do editor Manuel Bragado, que leva por título “O libro e a lingua galega no mundo. Retos e oportunidades”. Coñecido pola súa longa traxectoria como director de Edicións Xerais, Bragado é na actualidade un dos principais analistas do libro galego.

Na segunda parte do encontro poderase asistir a unha mesa redonda sobre as feiras do libro e os procesos de internacionalización. A mesa reúne os especialistas Borja Guerrero Parapar, da OQO Editora, Olga Castro, profesora na Universitat Autónoma de Barcelona e especialista em estudos feministas e de tradución, e a profesora da Universidade de Vigo, Ana Luna Alonso, membro do proxecto Culturfil.

O evento é organizado no seo do proxecto de investigación “Campo Editorial e Cultura Autonómica: institucionalização e industrialização do livro na Galiza (1978-2026)”. Pode consultarse máis información sobre o proxecto e o Encontro enwww.livrogalego.net.

Comparte éste artículo
No hay comentarios