Centro de Convivencia Maruja Mallo organiza o vindeiro 14 de xullo unha nova ruta de sendeirismo urbano para fomentar hábitos de vida saudables e descubrir o patrimonio natural e histórico de Lugo.
A actividade comezará ás 18.30 horas e consistirá nun percorrido de 6 quilómetros polo Camiño Primitivo, a contorna do río Rato e regreso ao Centro de Convivencia Maruja Mallo. A duración estimada da ruta será de 1 hora e 50 minutos.
A participación é de balde e sen necesidade de inscrición previa, polo que as persoas interesadas só terán que acudir ao punto de saída á hora prevista.
Con esta iniciativa, o Centro de Convivencia Maruja Mallo continúa promovendo actividades que combinan exercicio físico, convivencia e o coñecemento dos espazos naturais e patrimoniais de Lugo, achegando á cidadanía propostas saudables para desfrutar da cidade.