A Deputación de Lugo da a benvida á veciñanza de Monforte de Lemos e Antas de Ulla nas xornadas que organiza sobre a eclipse solar

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, e Alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, saudou aos veciños e veciñas que participaron na conferencia divulgativa sobre a eclipse solar que tivo lugar na Casa da Cultura deste concello. A astrofísica María Fernández impartiu esta xornada, que se enmarca dentro do ciclo de charlas organizadas pola institución provincial para informar á cidadanía sobre este fenómeno astronómico. 

García Porto recordou que “as conferencias son gratuítas e de acceso libre ata completar o aforo” e avanzou que esta mesma tarde será a astrofísica Lucía González quen ofrecerá unha segunda xornada na Casa da Cultura de Monforte de Lemos. A programación rematará mañá venres coas últimas charlas en Quiroga e Sarria.

Comparte éste artículo
No hay comentarios