O PP de Pol impulsa o novo aparcamento do cemiterio de Mosteiro en colaboración coa Xunta

Nicole Grueira sinala que foron moitas semanas de reunións e traballo, pero “grazas á colaboración da Xunta e da Asociación de Veciños de Mosteiro” acadar un investimento “moi importante para o municipio”.

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Pol anunciaron hoxe que “tras moitas semanas de traballo” podemos anunciar que o cemiterio de Mosteiro contará cun aparcadoiro acondicionado grazas a unha intervención que acometerá a Xunta de Galicia.

A voceira popular, Nicole Grueira, amosou a súa ledicia por esta nova, que “pode iniciarse en breve xa que contamos con todos os permisos necesarios”, os necesarios de Patrimonio.

“Foi un traballo intenso, de moitas semanas, pero entre todos acadamos o obxectivo e en breve poderemos desfrutar desta infraestrutura”, destacou.

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Veciños de Mosteiro, José Luis Castro, destacou que “é unha mellora moi importante para o cemiterio e que dará servizo aos veciños”, así como agradeceu o traballo realizado por Nicole Grueira xa que “dende o primeiro momento que tivo coñecemento desta petición pola nosa parte, estivo moi preocupada e traballando ata que se acadou o compromiso e todos os permisos”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios