A baixada incesante en caudais de auga, tanto ríos coma fontes, ten que facer que o Concello de Lugo programe medidas de cara a este verán para minorar a utilización de auga en valdeos e controlar o seu uso no rego de prantas e xardíns. O BNG propón medidas de aforro de auga para previr o incremento previsto de temperatura. Arroxo lembrou que «o goberno municipal, ademais de promocionase, debe establecer medidas ante o cambio climático imperante e deseñar estratexias que permitan que as persoas dispoñamos de auga todo o verán».En anos anteriores o concello xa establecerá medidas que afectaban a un 30 % o volume de auga empregada para regar xardíns e nun 50 % o destinado ao baldeo das rúas, Outros concellos estableceran regulacións para encher piscinas ou lavar vehículos e fachadas. En todo caso, Arroxo puntualizou que «isto non quere dicir que non haxa que trasladar unha mensaxe de prudencia» porque «non vai chover polo de agora e as temperaturas elevadas van continuar».
En Lugo, polo momento, «non se declarou ningunha prealerta nin alerta por seca». Non obstante, o Concello debe actuar «coa máxima responsabilidade» implementando diversas directrices que «axudarán a garantir» a calidade dos servizos públicos, tendo en conta os recursos limitados e utilizándoos «de forma eficiente pero tamén xuiciosa».