O Concello de Lugo suspende as actividades ao aire libre desta tarde pola ola de calor

Ante a alerta por ola de calor prevista para o día de hoxe, luns 6 de xullo, e seguindo as medidas de prevención da Administración Autonómica, que suspende as actividades federadas ao aire libre entre as 12:00 e as 20:00 horas, o Concello de Lugo procede á suspensión das actividades municipais programadas nesa franxa horaria.

As sesións afectadas, que se ían desenvolver hoxe en horario de 18:30 a 19:30 horas, son as seguintes:

  • Ximnasia (na Praza de Viana do Castelo).
  • Pilates (á beira do río Miño).
  • Activa o teu corpo (na Praza do Castiñeiro).

Ao tratarse de actividades de acceso libre e sen inscrición previa, os monitores de cada disciplina acudirán igualmente aos respectivos puntos de encontro á hora de inicio para informar presencialmente da suspensión a calquera veciño que se achegue.

Comparte éste artículo
No hay comentarios