O goberno municipal non contesta á cuestión do BNG sobre a programación de sesións pirotécnicas no San Froilán 2026

A concelleira do BNG Maite Ferreiro informou que se lle preguntou directamente ao Concelleiro responsable das festas sobre a programación de fogos artificiais e sesións de pirotecnia durante as festas do San Froilán 2026. «O propio  Concelleiro de Cultura mantivo a posibilidade aberta do uso de pólvora na programación» explicou Maite Ferreiro. Ante o BNG diversas enfidades relacionadas con doenzas de persoas especialmente sensibles ás explosións manifestaron a súa preocupación e tamén colectivos animalistas, Maite Ferreiro advertiu que «queremos saber, se vai volver haber espectáculos pirotecnicos na promación das festas ou non para transmitirllo aos diferentes colectivos».

Durante moitos anos e cando o BNG tivo responsabilidades de goberno non se programaron  fogos artificiais e sesións de pirotecnia durante as festas do San Froilán en atención a afectación que podían supoñer os ruidos das explosións en animais e persoas especialmente sensibles. Ademais de contactar con diversos colectivos para atender as súas necesidades durante as festas reservando espazos e facilitandolles material, un dos aspectos máis coidados foi a eliminación de explosións durante as festas.

Na comisión de festas do San Froilán de Lugo, celebrada o mércores día 5 de agosto, as representantes do BNG preguntaron, ao  Concelleiro de Cultura pola  programación de fogos artificiais e sesións de pirotecnia durante as festas do San Froilán 2026 e este non concretou na súa reposta o feito ou non da programación. Diversos colectivos da cidade manteñen a súa preocupación ante esta posibilidade que suporía un perxuizo a sensibilidades auditivas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios