O PPdeG denuncia que Sánchez «renunciou a gobernar» a crise migratoria en Ceuta

A portavoz de Política Social do Grupo Parlamentario Popular, Raquel Arias, acusou hoxe ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de tratar aos menores migrantes non acompañados como «mercadorías e moeda de cambio política». Durante a defensa duna Proposición Non de Lei (PNL) no Parlamento galego, Arias denunciou que o Executivo «renunciou a gobernar» ante a crise que vive Ceuta dende hai mes e medio.

«O único plan de Sánchez, nunha política migratoria inexistente, é a defensa a ultranza de Marrocos. Acomodar ao Goberno con respiración asistida está a ser dramático para España», aseverou a deputada popular, quen tildou de «bochornosa» a inoperancia estatal para cifrar e protexer aos menores que continúan en Ceuta.

Duros reproches a PSdeG e BNG

Raquel Arias afeou á oposición galega que non asistira ás concentracións do pasado 2 de setembro en solidariedade con Ceuta. Criticou especialmente ao BNG, que «mentres vai de pacifista, preferiu manter unha xuntanza con EH Bildu, os herdeiros de ETA».

«Nós temos solidariedade con quen chega e con quen acolle, pero a responsabilidade do desamparo que se vive en Ceuta é do Goberno ao que vostedes apoian e aplauden», remarcou a portavoz do PPdeG.

Reclamo de recursos: «Non hai solidariedade sin orzamento»

A PNL defendida polo PPdeG esixe ao Executivo central:

  • Incrementar o orzamento: Corrixir a drástica redución da achega a Galicia, que pasou a ser de apenas 740.000 euros (un 82% menos que o ano anterior).
  • Lealdade e coordinación: Evitar decisións unilaterais que comprometan ás comunidades autónomas.
  • Control fronteirizo: Planificación e garantías para evitar imaxes de país fallido.

Arias lembrou que Galicia xa deu probas da súa solidariedade sendo das comunidades que máis menores acolleu entre 2022 e 2024, ademais de respaldar a recente partida de 25 millóns de euros para Ceuta.

Galicia, referente en acollemento familiar

A portavoz popular contrapuxo a «improvisación» estatal co modelo de protección galego, ao que definiu como un «referente en España». Lembrou o impulso ao acollemento en familia allea (en convenio con Cruz Vermella), o de familia extensa (con Aldeas Infantiles) e o programa piloto de acollemento especializado, dotado con máis de 3 millóns de euros ata 2029.

Segundo datos do propio Goberno central, Galicia é a segunda comunidade cunha mellor ratio de acollemento familiar (56% do total de medidas), situándose 9 puntos por riba da media estatal e superando amplamente a Cataluña (39%) ou ao País Vasco (28%).

Comparte éste artículo
No hay comentarios