“Papeiras”, as galletas que toman o seu nome da tradición oral da Ribeira Sacra

O obrador de Galletas Xianas, situado no concello de Taboada, lanza ao mercado o seu novo produto: as «Papeiras».

Unha orixe con historia e tradición oral

De onde vén este nome tan singular? Contan os máis vellos da zona que, durante a vendima nos viñedos da Ribeira Sacra, intercambiábanse aturuxos entre os viticultores das dúas beiras do río Miño. Os do lado de Taboada, Chantada e Carballedo berrábanlles aos da outra beira: «Ei, rabudos!», mentres que os de Pantón e O Saviñao respondían: «Ei, papeiros!».

Segundo a tradición oral, a orixe do apelativo «rabudos» proviña de «rabinos», pola antiga influencia xudía na zona de Lemos; mentres que o termo «papeiros» facía referencia ao Papa, debido á forte presenza e influencia católica na outra beira do río.

Tres variedades co Sello de Artesanía Alimentaria

As «Papeiras» chegan ao mercado en tres variedades:

  • Manteiga con pebidas de chocolate
  • Améndoa
  • Manteiga

Ao igual que todos os produtos elaborados neste obrador de Taboada, as Papeiras contan co Selo de Artesanía Alimentaria de Galicia, un distintivo que garante a súa elaboración 100 % artesanal e natural —sen aditivos, conservantes nin colorantes— e empregando sempre materias primas de máxima calidade.

Comparte éste artículo
No hay comentarios