.- Unha concentración para defender o río Anllóns, con este obxectivo un numeroso grupo de veciños da Laracha concentráronse este martes ante Augas de Galicia, para deixar claro ante este organismo público, que rexeitan o proxecto de macroplanta de biogás que se pretende instalar na súa comarca, polas graves afectacións que podería ter á saúde do río Anllóns e por tanto, da súa saúde.
A esta protesta, que comezou ás 11.00 horas diante da sede deste organismo autonómico na Coruña, acudiron un centenar de veciños e veciñas da Laracha, que berraron consignas como “Biogás así non. Morremos nós e more o Anllóns”, preocupados pola macroplanta
de biogás que pretenden instalar na súa parroquia de Soandres, e no que a auga do río Anllóns, é un dos factores clave do impacto deste proxecto
Por outro lado e aproveitando este acto, unha das entidades participantes, a Asociación veciñal, ecoloxista e cultural Terra de Soandres, presentou un escrito solicitando a Augas de Galicia, información ambiental, acceso ao seu informe e aclaracións sobre as afeccións ao dominio público hidráulico do proxecto.
Despois de numerosos intentos de trasladar os seus argumentos legais, medioambientais e sociais ás administración implicadas, a Plataforma considera que chegou o momento de volver ás mobilizacións na rúa: “Toca volver saír á rúa e mostrar que a veciñanza quere participar e ser tida en conta nas decisións que lles afectan”, afirman dende a Plataforma.
En paralelo ás accións de protesta veciñal, a Plataforma segue traballando tamén en actividades de concienciación medioambiental da veciñanza, como o obradoiro para crianzas realizado este pasado sábado, na XVI Festa Gastronómica no Campo de Fútbol de Vista Alegre (a escasos metros onde se proxecta a macroplanta) e que, organizada pola Asociación Santa Lucía de Soandres, contou coa participación de membros da Plataforma que realizaron un obradoiro e concurso infantil arredor do río Anllóns e dos impactos que terá a macroplanta de biogás que ésta producirá nel.