O transito á democracia en “Lugo con memoria”

Tres recoñecidos historiadores falarán da transformación que supuxo para o noso país o proceso da Transición, un esforzo colectivo que é a orixe da nosa democracia, nun novo acto das xornadas de Memoria organizadas pola Deputación de Lugo e a Fundación Luis Tilve.

O vindeiro xoves día 5 de novembro, ás 19:30 horas, no Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (rúa San Marcos, 8. Lugo), a Fundación Luís Tilve, coa colaboración da institución provincial, celebrará un novo acto das xornadasLugo con Memoria, no que se abordará “O tránsito á democracia”, a través da análise desmitificadora de tres historiadores que estudaron esta etapa vital para entender a nosa historia, dende diferentes puntos de vista e ópticas.  

O foro se iniciará coa intervención do profesor e investigador da Universidade Carlos III de Madrid, Francisco J. Leira Castiñeira, autor da exitosa obra “Retrato de la Transición”, na que fai unha reinterpretación máis actual do proceso político, a través do estudo e a realización de máis de 60 entrevistas ós principais protagonistas desa etapa histórica, tanto políticos como da sociedade civil. Doutor en Historia, foi recoñecido cos premios Miguel Artola e Juana de Vega de Ciencias Sociais, polas súas investigacións, que deron lugar a publicacións como “Los nadies de la Guerra de España”.

Seguiralle o recentemente nomeado Director da nova Catedra de Memoria Democrática en Galicia, Emilio Grandío Seoane, dende a que se iniciará un proxecto de recompilación de historia oral da Transición. O Doutor en Historia da USC, achegaranos unha visión do acontecido nese período en Galicia, coas súas características rexionais e particularidades políticas e sociais.

A mesa pecharase coa intervención da doutora en historia, Daniela Ferrández Pérez, autora do ensaio “A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea”, que ofrecerá unha visión pouco coñecida dun sector que tamén tivo que loitar contra o Franquismo e por alcanzar dereitos trala ditadura, como foi o colectivo LGTBI.   

O evento contará na súa apertura coa intervención de Pilar García Porto, Deputada provincial da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, e estará moderada polo Director da Fundación Luis Tilve, Guillerme Pérez Agulla.

Día : xoves, 5 de novembro de 2026.

Hora : 19:30 horas

Lugar: Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo (R/ San Marcos, 8. Lugo)

Para máis información ou concertación de entrevista cos relatores:

645 910 704 (Guillerme Pérez Agulla)

Comparte éste artículo
No hay comentarios