O PP lucense traslada o compromiso de recoñecer como profesión de risco aos afectivos da Policía Nacional e da Garda Civil

O programa electoral do PP tamén recolle culminar o acordo de equiparación salarial, a planificación das convocatorias de prazas, a renovación dos seus medios e o reforzo da atención á saúde mental.

Os candidatos ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo mantiveron un encontro con representantes de sindicatos da Policía Nacional para trasladarlles as medidas que recolle o programa electoral do Partido Popular e, especialmente, a proposta para recoñecer aos efectivos da Policía Nacional e da Garda Civil como profesión de risco, “en igualdade de condicións que a Policía Local ou a Policía Autonómica”.

Trátase dunha demanda do colectivo que o Partido Popular logrou aprobar no Senado -a pesar do voto en contra do PSOE e a abstención do BNG-. Pero a Proposición de Ley presentada polo Partido Popular que recollía a aplicación de coeficientes redutores da idade de xubilación, por perigosidade, dos membros destes Corpos de seguridade “non chegou a debaterse no Congreso onde os partidos que controlaban a Mesa a mantiveron nun caixón, como moitas outras Leis Feijóo”.

Os populares trasladaron tamén o compromiso de Feijóo de “culminar o acordo de equiparación salarial, a planificación das convocatorias de prazas, a renovación dos seus medios e o reforzo da atención á saúde mental”. Os populares cren que “a mellora das súas condicións laborais redundará tamén na mellora da atención e seguridade cidadá”.

Os candidatos tamén lembraron a reivindicación do Partido Popular para cubrir as prazas do catálogo de efectivos e dotar a Lugo dunha Comisaría da Policía Nacional que dea resposta ás necesidades actuais e garanta espazo suficiente e accesible para desenvolver o seu traballo diario.

FUNCIONARIOS DE PRISIÓNS
O programa electoral do Partido Popular tamén recolle que “seguiremos avanzando na mellora das condicións profesionais dos funcionarios de prisións, con protocolos eficaces fronte ás agresións, asistencia xurídica e psicolóxica e mellora dos medios materiais e humanos”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios