Francisco Conde pasa a xornada de reflexión na Ribeira Sacra entre amigos e familia

O cabeza de lista do Partido Popular ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo, Francisco Conde, está a pasar este sábado a xornada de reflexión previa ás eleccións xerais do 29N na comarca da Ribeira Sacra, aproveitando o día sen actos electorais para compartir tempo con amigos e familiares.

Durante a mañá, o candidato popular achegouse en primeiro lugar ao municipio de Carballedo para tomar un café con amigos. Posteriormente, desprazouse ata a feira de Sober, onde percorreu o recinto feiral e degustou o tradicional polbo tamén acompañado por amizades.

Tarde en familia en Monforte de Lemos antes da votación

Para completar a xornada deste sábado 28 de novembro —previa á apertura dos colexios electorais este domingo 29N—, Francisco Conde ten previsto pasar a tarde dedicado á súa familia en Monforte de Lemos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios