“Arteixo non é alleo a dita situación e podemos observar como nos núcleos de Meicende e Pastoriza camiñan sen control un grupo de xabarís dende fai meses” explica a portavoz do grupo municipal socialista, Patricia Boedo, pero non existe ningún mecanismo pactado entre os concellos e o goberno galego para facerlle fronte á presencia destes animais en territorio urbano e “sería desexable que a Xunta asumise a súa responsabilidade” por non ter xestionado dita especie e as competencias que ten con respecto a fauna silvestre sen cargar de novos custes aos concellos, que xa soportan multitude de gastos derivados de competencias impropias que a Xunta debera financiar e que en moitos casos comprometen a suficiencia económica de concellos pequenos.
Boedo denuncia que esa é “unha esixencia que o alcalde de Arteixo só exerce cando hai que reclamar a administracións que non están gobernadas polo PP, porque cando hai problemas nos colexios públicos, no centro de saúde, no parque de bombeiros, etc., que son competencia autonómica, o concello asume uns custes que non deberan ser financiados sen rechistar”.