Chega de novo setembro e dende a asociación PETRA Maternidades Feministas queremos sinalar que a única solución que se ofrece dende as institucións públicas para o coidado e asistencia aos bebés na primeira infancia sexa sempre a externalización do coidado das criaturas.
Por este motivo a nosa asociación elaborou un comunicado sobre a externalización dos coidados en criaturas de 0 a 3 anos, a ‘escolarización’ prematura, o cal achegamos a este email.
Denunciamos, entre outras cuestións, que España conta cunha das cocientes persoa adulta/criatura máis altas nestas idades de toda Europa, destacando que mesmo á idade de 2 anos, a cociente en España é A MÁIS ALTA de toda Europa.