Ecoloxistas en Acción demanda ante o TSX de Galicia o Parque Eólico Banzas pola grave afectación a humidais de gran valor natural
Ecoloxistas en Acción demanda ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia o Parque Eólico Banzas que pretende instalar Green Capital Power nos concellos de Outes, Negreira y Mazaricos. Tras ter presentado no seu día alegacións e un recurso de alzada ante a Consellería de Economía e Industria, a organización ecoloxista impugnará agora a decisión da Xunta presentando una demanda polo severo impacto paisaxístico, sobre o medio natural e acústico, dado que o ruido das turbinas ubicadas cerca das viviendas supondrá unha merma importante na saúde e na calidade de vida da población afectada.
Ademáis, a organización ecoloxista considera «un auténtico despropósito» que se aprobase este parque, dado que na mesma zona hai outros dez proxectos eólicos en tramitación (entre eles Maragouto, San Cosmeiro, O Vao, Vaqueira, A costa, Alvite, AlviteI I, Troitomil, Vilartoxo..) e dous en funcionamiento (Serra de Outes y Corzán).
Ecoloxistas en Acción sinala que «esta concentración de aeroxeradores sumada ao resto de parques e ao impacto das acometidas de alta tensión para evacuar a enerxía eléctrica traería irreparables consecuencias ao ecosistema da zona». Destacan que non se realizaron estudos hidrolóxicos e hidroxeolóxicos nin evaluado os impactos sobre Red Natura 2000, a pesar das graves afeccións que carrexará a construcción do parque eólico as zonas húmidas de gran valor existentes na zona.
O colectivo ecoloxista considera que é requisito indispensabel analizar os efectos ocasionados polo parque eólico Banzas de xeito individual, pero tamén de xeito acumulativo tendo en conta o resto de instalacións existentes ou proxectadas, dado que os principais efectos sinérxicos non só se poden desenvolver sobre a paisaxe e a avifauna, como indica a empresa promotora, senon tamén sobre a población dos núcleos directamente afectados.
O ruido, a afectación ás traídas de auga veciñais ou a depreciación das propiedades que quedan dentro dunha poligonal sobredimensionada, son algunhas das cuestións que mais inquedan ás comunidades afectadas.