O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no Club Marítimo Canido na presentación do Campionato de España de Windsurf e da Copa de España da Clase Olímpica iQFoil que terá lugar do 28 de setembro ao 1 de outubro no Campo de Regatas das Illas Cíes. Lete Lasa destacou a capacidade de “desestacionalización” do deporte galego que permite que os deportistas galegos e galegas continúen acadando grades triunfos en calquera estación do ano e non só no verán, así como o incremento das cifras turísticas grazas aos diferentes eventos deportivos organizados na comunidade que supoñen un gran investimento para Galicia.
Neste sentido, o mandatario galego destacou a Semana Abanca que vén de celebrar a pasada fin de semana o Trofeo Internacional de Vigo de piragüismo en caiac de mar, coa vitoria para o Náutico de Cobres e para o campión olímpico Carlos Pérez Rial ‘Perucho’, e que xa ten no horizonte outro novo campionato como será o Campeonato de España de windsurf y la Copa de España de la clase iQFoil, que xuntarán nas augas da ría de Vigo a un total de preto de 60 embarcacións de toda España e de Portugal.
Lete Lasa destacou aos tres windsurfistas galegos que competirán na fórmula windsurf -Jorge Robleda, Simón Fernández e Enar Cibreiro-; aos oito da fórmula foil Ignacio Fernández, Eva Espinosa, Javier Álvarez, Enar Cibreiro, Juan Parada, José González, Francisco Robleda e Juan José González; así como os cinco deportistas galegos que competirán na modalidade olímpica IQ Foil como Nicolás Blanco, Lucas Maceira, Fabio González, Diego Roca e David Maceira.
A pesares da gran reprersentación galega, Lete Lasa botou en falta ao vigués Tomás Vieito, 14 veces campión de España e que non poderá estar nesta Copa de España por lesión. O secretario xeral para o Deporte desexoulle unha pronta recuperación e lembrou aos regatistas galegos que están na carreira olímpica como Nico Rodríguez, Támara Echegoyen ou Patri Suárez. “Estamos convencidos de que aínda quedan moitos éxitos olímpicos na vela galega por celebrar como demostran os once regatistas olímpicos galegos de toda a historia ou as medallas de ouro de Fernando Echávarri e Antón Paz en Pequín 2008, de Támara Echegoyen e Sofía Toro en Londres 2012, ou o bronce de Nico Rodríguez en Toquio 2020”.