O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión co vicepresidente da Comisión Europea para a promoción do estilo de vida europeo, Margaritis Schinas, e no transcurso do encontro o titular do Goberno galego trasladoulle a súa preocupación pola necesidade de que os fondos europeos poidan chegar canto antes aos seus destinatarios
Así mesmo, Rueda e Schinas comentaron a posibilidade de abrir novas vías que permitan potenciar Galicia como referente cultural, histórico e de patrimonio a escala europea.
No encontro, que tivo lugar no marco do Foro La Toja – Vínculo Atlántico celebrado estes días na localidade pontevedresa do Grove, ambos manifestaron a importancia do financiamento procedente da Unión Europea para Galicia, tamén ao longo das últimas décadas, que resultou unha axuda fundamental no desenvolvemento experimentado pola comunidade e a súa converxencia social e económica.