Nesta reunión de escoita activa repetíronse as queixas dos residentes nesta zona de Lugo en cuestións que siguen sen solucionarse e incluso que se agravan co paso do tempo
Os residentes no barrio da Milagrosa ademais de explicar que “a prevención é a mellor política para aplicar no eido da seguridade” tamén incidiron en que neste barrio onde hai un parque inmobiliario moi deteriorado “é necesaria a rehabilitación dos edificios e espazos públicos así como o impulso dun plan de dinamización para o comercio de proximidade”.
Proposición
Os populares aproveitaron a xuntanza para presentar unha iniciativa que defenderán no pleno da vindeira semana na que se propón deseñar plans específicos de seguridade en diferentes zonas da cidade.
Outra petición que se enmarca dentro dos dispositivos de seguridade en barrios sería a da instalación de cámaras de videovixilancia en zonas sensibles do municipio como podería ser alguna localización do barrio da Milagrosa co ánimo de mellorar a seguridade e evitar atentados contra o patrimonio.