Un ciclo de cinco concertos en salas da Coruña e un fermoso obxecto completan os actos de celebración
Cuac Fm leva apostando polo apoio á música de artistas pouco coñecidos dende 1996. O Concurso de Bandas e Solistas, con algún cambio de nome, chegou á súa XXV edición en 2023 e había que celebralo.
O pasado 6 de outubro a Sala Filomatic acolleu un gran concerto de Sickeeper e Crowded, dunhas bandas moi xóvenes mais cunha proxección espectacular.
O ciclo de concertos gratuitos conta coa colaboración do Concello da Coruña e serán un total de cinco noites nas salas máis activas da cidade: Jazz Filloa, Garufa Club, Sala Mardi Gras, Sala Filomatic e La Disfrutona del Orzán.
En todos darase a oportunidade de deixar unha aportación económica voluntaria para a Cociña Económica da Coruña. Unha desas entidades que fan unha labor incrible por toda a xente que a precisa.
A semana que comeza poderás disfrutar do talento de Leticia Rey Quintet, no mítico Jazz Filloa con case 43 anos de vida. Será o martes 24 en dous pases, ás 21:45 e ás 23:00.
E o sábado 28 chega o turno de Las Antonias e Amoebo no Garufa Club, con apertura de portas ás 22:00 horas.
Xa en novembro, o sábado 11 o ciclo visitará á sala máis xoven da cidade, La Disfrutona del Orzán, con Somos La May e Krece no seu esceario.
O ciclo rematará con Mixing Martines o día 22 de decembro na Sala Mardi Gras.
Ademáis dos concertos, estase a preparar un fermoso obxecto que servirá tamén para celebrar eses 25 anos do noso Concurso de Bandas e solistas. Pronto coñecerás máis detalles do mesmo, por agora, aproveita para disfrutar dos concertos e, se podes, aporta algo á Cociña Económica.