O PP defenderá no Pleno 12 iniciativas construtivas e útiles “para que Lugo teña máis e mellores servizos”

por Redacción Lugo

Candia: “Queremos que se prioricen recursos para servizos básicos, para infraestructras de drenaxe, para mellorar a seguridade ou as comunicacións do municipio co resto de España”

PROPOSICIÓNS para …

  • Deseñar PLANS ESPECÍFICOS DE SEGURIDADE en diferentes zonas da cidade e a instalación de CÁMARAS de videovixilancia en ZONAS SENSIBLES do municipio.
  • MELLORAR o MANTEMENTO da REDE de DRENAXE para evitar inundacións en puntos negros da cidade:   redeseño de vías ou modificar tamaño, formas e número de sumidoiros.
  • RENOVAR a REDE de suministro de AUGA no polígono do CEAO. Informes técnicos aconsellan esta actuación tralo  incendio que tivo lugar na zona hai case 3 anos
  • RECLAMAR ao goberno de Madrid que LUGO DEIXE DE SER A CIDADE PEOR COMUNICADA DE ESPAÑA. Pedimos:
  • Conexión coa Alta Velocidade
  • Reconstrución urxente viadutos da A-6
  • Remate das Autovías con Ourense, Santiago, a da Mariña e a de Ponferrada Monforte
  • Mellorar o mantemento das estradas nacionais

4 ROGOS para …      

  • Analizar e CORRIXIR de forma urxente as DEFICIENCIAS detectadas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil para DESBLOQUEAR a aprobación definitiva do PLAN XERAL DE LUGO.
  • MELLORAR, de forma provisional, as instalacións da PROTECTORA DE ANIMAIS mentres non se acomete o proxecto definitivo que quedou paralizado pola PERDA dunha axuda europea
  • IDENTIFICAR de forma visual con SINAIS  os nosos 3 PATRIMONIOS DA HUMANIDADE incluíndo Lugo no Catálogo de destinos do Sistema de Señalización Turística que invitará aos que circulan por estradas nacionais para que visiten a MURALLA, CATEDRAL e CAMIÑO PRIMITIVO
  • Adoptar  medidas para RECUPERAR a BANDA MUNICIPAL de LUGO O FUTURO INCERTO da agrupación pola incapacidade do goberno local  de solucionar os conflitos laborais e de nomear a un director condenan aos lucenses a quedar OUTRO ANO máis SEN escoitar A SÚA MÚSICA.

4 PREGUNTAS sobre

  • A previsión para a REHABILITACIÓN do CUARTEL DE SAN FERNANDO tras PERDER unha achega económica millonaria e  RENUNCIAR a novas liñas de AXUDAS EUROPEAS.
  • SITUACIÓN dos TRÁMITES para poñer a disposición da Xunta a PARCELA para construír un novo CENTRO DE SAÚDE para o barrio do SAGRADO CORAZÓN
  • En que punto está a solicitude para instalar CÁMARAS de videovixilancia no LEIRAPARKING do HULA para evitar  ás extorsións  dos GORRILLAS
  • As SOLUCIÓNS para evitar os problemas de INUNDACIÓNS que se rexistran cando chove de forma intensa na rúa LAMAS DE PRADO confluencia con JUANA LA LOCA e RAMÓN BEBERIDE
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario