O PP de Sarria esixe ao goberno municipal e á CHMS medidas urxentes ante a continua caída de árbores na canle do río

Carmen José López explica que «esta situación, supón un grave perigo para a seguridade de veciños e visitantes e incide na imaxe de descoido e abandono que ofrece agora mesmo o municipio pola acumulación de lixo

O Grupo Municipal Popular de Sarria esixe ao goberno municipal e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil medidas urxentes ante a continua caída de árbores na canle do río.

Os concelleiros do Partido Popular de Sarria instan ao goberno municipal de Camiña Sarria a “tomar medidas inmediatas” para a revisión e conservación das árbores ante as reiteradas caídas de árbores que se produciron nos últimos meses e que se ben afecta especialmente ás canles dos ríos tamén afecta a outras zonas por falta de mantemento e conservación. 

A portavoz, Carmen José López, explica que “esta situación, supón un grave perigo para a seguridade de veciños e visitantes e incide na imaxe de descoido e abandono que ofrece agora mesmo o municipio pola acumulación de lixo”.  

Os populares levan tempo advertindo da necesidade de avaliar o estado das árbores nestas zonas. Xa no anterior mandato se viñan solicitando actuacións concretas pero o goberno municipal non se preocupa por este asunto. “Pero a realidad é que a falta de mantemento está provocando a caída de árbores co conseguinte risco de accidentes e menoscabo da paisaxe”.  

Os concelleiros do PP esixen ao alcalde e ao seu goberno tomar as medidas necesarias e coordinar coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil a retirada das árbores caídos na canle do río, evitando así posibles obstrucións e inundacións en épocas de choivas.  

López incide en que “non podemos permitir que esta situación continúe sen resposta” e lembra que “o goberno local debe garantir a seguridade de todos os sarriaos e manter en bo estado as zonas verdes e fluviais do noso municipio”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios