A VOSA LOITA É O NOSO ORGULLO. Por @DulceCorcu

por Redacción A Coruña

Parece incrible que un servizo tan esencial coma o dos bombeiros nos parques comarcais galegos, sexa nova nacional en todos os medios non polo seu labor, senón por ter que reivindicalo e poder traballar en condicións o máis dignas posibles. 

Fartos de incumprimentos, de abandono administrativo e de promesas soterradas no fondo dalgún caixón de enmoquetado despacho, os bombeiros fan a súa propia peregrinación diante dos solemnes edificios das Deputacións de Galicia. Hai uns días en Ourense, con Policía cargando, feridos e imaxes impropias dun país avanzado que se supón protexe aos seus servidores públicos. Hoxe, na Coruña, na procura dese convenio coletivo autonómico que se lles nega mentras pechan parques por falta de persoal e recursos. Non é un traballo calquera: é un onde as nosas vidas dependen da súa vocación e profesionalidade, pero tamén de que teñan medios suficientes coas que levalas a cabo. Todo o respecto para unha loita que é o noso orgullo!

Galería fotográfica

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 Comment