Cornado volve a facer os Rixóns en Pota de Ferro

Folclore, bo xantar, samaín, concurso de disfraces e feira de artesanía nun só evento, que terá lugar o día de Santos 1 de novembro de 2023 en San Tirso de Cornado, (Touro)

A parroquia quere pór en valor non só os rixóns senón todo o procedemento tradicional para a súa elaboración. De feito, os rixóns van ser o protagonisa do menú  preparado para o día da festa, se ben  tamén habrá filloas, tortillas e pizzas de rixóns con queixo de Arzúa.

 A festa comeza con duas mestras rixoeiras Chelo de Roque e María de Seixo, pra continuar cunha sesión vermouth a cargo dos Viqueiras de Ordes. A partir das 16:00 todos a rockear co gran Pakolas. Xa pola tarde sobre as 17.00 horas terá lugar o concurso de disfraces. E, a partir das 17:30 horas volverán a amenizarnos os Viqueiras de Ordes, ás 18:30 vai actuar Pandereteiras sen fronteiros (Pan Sen Fron) , co seu espectáculo a todo filispín!. Remataremos cunha foliada libre.

E se chove que chova, dispoñemos dunha gran carpa, café e chocolate.

A organización da Festa corre a cargo da comisión de festas da parroquia, (Asociación o Batán), que conta coa colaboración do Concello de Touro e da Deputación da Coruña.

Comparte éste artículo
No hay comentarios