O PP propón un pleno extraordinario para que o goberno de Lugo “asuma o compromiso de facilitar a convivencia das obras de peonalización coa vida no casco histórico”

por Redacción Lugo

O Grupo Popular presentou esta mañá a solicitude no rexistro de pleno co obxectivo de que PSOE e BNG poñan  “máis recursos, melloren a seguridade dos espazos onde se está intervindo, e leven a cabo un maior seguimento destes traballos  dentro de murallas para mitigar, antes e despois da execución dos proxectos, as consecuencias que están  ocasionando as obras do  Corazón Verde

Diante deste contexto, a voceira popular Elena Candia e o concellerio Ramón Cabarcos pregúntanse onde está o goberno local xa que estamos a punto de empezar unha campaña trascendental para o comercio, como é a de Nadal, lamentando a falta de sensibilidade de socialistas e nacionalistas co sector que, por mor destas obras, ten perdas económicas importantes: “o BNG esté desaparecido e o PSOE nin informa, nin dá explicacións”.

No acordo da proposiicón figuran varios aspectos por un lado os populares reclaman que se poñan a disposición todos os recursos precisos para que as obras remanten no tempo comprometido e que se estuden as compesacións dos danos e perxuizos causados á actividade económica e residentes.

Os populares tamén queren que se constitúa de forma urxente unha MESA DE COORDINACIÓN DAS OBRAS, composta por representantes das empresas, persoal municipal que lidere a coordinación e liderado político para a consecución do obxectivo.

Tamén solicitan que se informe con transparencia das seguintes cuestións:

  1. As MODIFICACIÓNS efectuadas sobre os proxectos redactados e contratados.
  2. Os AXUSTES temporais e permanentes no TRÁFICO RODADO, os danos producidos nas infraestruturas existes e as reparacións a acometer.
  3. Os mecanismos de PREVENCIÓN e, no seu caso, COMPENSACIÓN DOS PERXUICIOS á actividade económica (especialmente de cara á próxima campaña e Nadal).
  4. As fórmulas de ESTACIONAMENTOS ALTERNATIVOS provisionais e definitivos para compensar á desaparicións das prazas de aparcamento existentes
  5. As INCIDENCIAS xurdidas e as correspondentes PREVISIÓNS ACTUALIZADAS DE PRAZOS E CUSTOS, que están a verse claramente alteradas ou incumpridas.
  6. As previsións sobre a futura a xestión do TRÁFICO PEONIL e RODADO intramurallas unha vez finalizadas as obras.

Os populares conclúen en que é fundamental que calquera proxecto de construcción ou mellora nunha cidade se realice cun enfoque baseado na seguridade e na comodidade da cidadanía e non só en cumprir unha axenda política.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario