O PP apoia ao sector da limpeza de Lugo na súa reivindicación dun convenio con melloras sociais e salariais 

por Redacción Lugo

A voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, e os concelleiros Mar Carballas e Enrique Rozas  mantiveron este mediodía un encontro coas centrais sindicais da UGT, CC.OO e CIG que representan ás 150 traballadoras que desempeñan tarefas de limpeza en dependencias e edificios do Concello de Lugo

Os populares comparten e se suman ás revindicacións do persoal de limpeza de “dignificar esta profesión” lembrando como “as de Lugo son as peor pagadas do sector, cuxos soldos están á cola en España” e engadindo que “estamos a falar dun sector fortemente feminizado xa que o 95% do seu persoal son mulleres e onde existe un alto nivel de precariedade”.

Os populares aseguran que “os políticos temos a responsabilidade de non esquencer o papel esencial das limpiadoras, un traballo que tanto se eloxiou e que se visibilizou, durante a pandemia”.

Os populares que mantiveron nas últimas semanas varias reunións coas centrais sindicais da CIG, CC.OO e UGT analizaron cos seus representantes diferentes cuestións que “poderían ser interesantes e de futuro para o sector”.

Neste momento a negociación do convenio provincial da limpeza é a prioridade polo que os populares, tendo en conta de que a se trata dun servizo esencial, comprometéronse a trasladar aos axentes, que poden colaborar para desbloquear este conflito, as peticións que lles fixeron chegar nestes encontros de traballo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario