O PP propón personalizar as lonas opacas que tapan establecementos do centro de Lugo “coa imaxe corporativa dos negocios afectados polas obras”

por Redacción Lugo

Os populares presentan unha nova proposta para minimizar os perxuizos ao comercio local e mellorar a estética da zona onde as construtoras colocaron mallas que fan de pantalla nas vallas de obra

O Partido Popular presenta unha proposta para contribuir a minimizar o impacto dos perxuizos das obras do casco histórico  no comercio local solicitando que “as lonas oscuras que cubren as vallas que colocaron as empresas construtoras, e que ocultan os negocios, se customicen cos logotipos ou imaxes corporativas dos establecementos afectados”.

Os populares urxen para que o concello facilite estas lonas decorativas en rúas como a do Gran Teatro onde se están levando a cabo os traballos de peonalización “estes elementos fan de pantalla desincentivando a entrada nos establementos e os comerciantes están preocupados porque empeza a campaña de Nadal, unha das máis importantes do ano e temen unha baixada da facturación”.

No ROGO que os populares presentan a comisión indican que “se poña a disposición dos establecementos afectados a substitución das lonas opacas por outras impresas cos logotipos e/ou a imaxe corporativa dos locais que quedan ocultos por mor das obras de peonalización do casco histórico”.

“Con esta proposta se melloraría a visibilidade dos negocios xa que se lles identificaría de forma máis doada e ademáis se melloraría a estética da contorna urbana da zona”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario