O PP confía en que o pleno do xoves teña un marcado carácter institucional

Desde o Grupo Municipal do Partido Popular pedimos a PSOE e BNG responsabilidade institucional e altura política ante o pleno previsto para este xoves.

O Grupo Popular reclama que non se repitan os erros da pasada sesión fomentados dende o goberno local explicando que “non respondeu a unha mobilización espontánea, senón a unha estratexia política perfectamente organizada baseada no sinalamento persoal e na tensión social arredor dunha decisión plenamente democrática”.

Os populares tamén consideran preocupante que desde o propio goberno local se contribuíse a alimentar ese ambiente de crispación. Por iso insisten en lanzar unha mensaxe de calma e responsabilidade institucional.

 “É momento de rebaixar a tensión, abandonar a confrontación e volver situar a Lugo e aos lucenses no centro da acción política”, sinalan.

O PP lembra que o pleno convocado para este xoves é un acto democrático, legal e plenamente lexítimo dentro do funcionamento normal das institucións.

Neste sentido, os populares lamentan  a imaxe vivida e o clima de tensión e confrontación que, ao seu xuízo, non representa o que merece Lugo nin contribúe á convivencia democrática.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios