Os populares piden unha solución ante as queixas que lles trasladan «moitos veciños polo mal estado das estradas e accesos próximos ás vías do tren».
Grupo Municipal Popular insta a «buscar a fórmula para a mellora de firme en varias estradas dos núcleos afectados polas obras de renovación e electrificación da liña ferroviaria e da ponte do Mazadoiro cun firme novo e homoxéneo para toda a ponte»
· Os populares tamén esixen «a construción dun acceso amplo para a estación de Oural e as vivendas da zona» e a mellora do entorno da estación desde a ponte do Mazadoiro ata a Feculera
Os concelleiros lembran que «fai xa tempo que Claudio Garrido prometera xestionar con Adif, aproveitando as obras na vía, a cesión de terreo para o ensanche da estreita e perigosa saída cara