O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto e reclama o seu arranxo

Javier Castiñeira critica a falta de mantemento dun dos espazos máis emblemáticos do casco histórico e advirte do risco que presenta a fonte polos seus elementos soltos.

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable estado” no que se atopa a praza Pardo de Cela, “totalmente abandonada, sucia e coas plantas ornamentais secas pola total falta de coidado”.

Javier Castiñeira recorda que se trata dunha praza emblemática no centro antigo de Foz, a uns 50 metros da propia igrexa, por tanto “unha zona moi transitada e que lamentablemente, como a outras moitas, está totalmente desatendida pola equipo de goberno liderado polo señor Cajoto”.

“Non sabemos onde está a concelleira de turismo, non sabemos onde está o alcalde. O que está claro é que non todo son festas e cómpre coidar tamén o municipio. Esta non é unha imaxe que queremos dar tanto aso noso veciños como a quen nos visita cada verán”, criticou.

A imaxe que se pode ver na praza Pardo de Cela son as xardineiras rotas, abandonadas, descoidadas e a vexetación seca, cunha fonte desatendida, sen auga e moita suciedade en xeral. 

Dende o Partido Popular de Foz xa pedimos no pleno hai varios meses, mediante un rogo, para que se arranxase ese lugar tan bonito e emblemático antes do verán. “Lamentablemente xa non é que non miraran para a praza, é que a abandonaron completamente”, lamentou.

Esta praza, situada na zona antiga de Foz, é parte dunha zona que quedou pendente de desenvolver cun Pepri no plan xeral, algo sobre o que o propio goberno local nada desarrollou. “Esa é a dinámica deste equipo de goberno, pero insistimos en que se atenda esta petición, que se arranxen as xardineiras, pero, sobre todo, a fonte”, explicou, ao que engadiu que “a fonte ten elementos soltos e calquera neno se pode meter dentro xogando co evidente risco de que caia algún elemento pesado”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios