O Conservatorio de Música Superior Mayeusis celebra a Semana Grande de Santa Icía con tres concertos

por Redacción Vigo

O centro ofrecerá unha programación especial aberta a toda a cidadanía que desexe asistir como público para honrar á súa patroa e celebrar o Día Internacional da Música

O 22 de novembro sempre é unha data de celebración no Conservatorio Mayeusis, ademais de conmemorar Santa Icía, patroa dos músicos, é o Día Internacional da Música; co cal é axeitado pensar que é o momento ideal para festexar unha Semana Grande chea de concertos.

Xa son máis de 35 anos de percorrido do Conservatorio Mayeusis, 35 anos nos que se abre o seu auditorio a toda a cidadanía que desexa asistir como público e vibrar coa música das actuacións programadas para tan especial acontecemento.

Este mércores ás 20:00 h comezan os eventos coa participación de Mayeusis na misa da Igrexa do Sagrado Corazón de Rosalía de Castro, o Coro da Compañía xunto ós profesores actuarán nun micro concerto, ó rematar a celebración da homilía, que se celebrará na propia parroquia.

O xoves 23 ás 20:00 h o alumnado do centro, estudantes da rama de metais, piano e outras especialidades, ofrecerán unha actuación no Auditorio da Fundación Mayeusis.

As celebracións rematan o venres 24 ás 20:30 h cun concerto a cargo de profesores e convidados do Conservatorio Mayeusis, no que se porá o broche de ouro á Semana Grande de Santa Icía.

Todas estas actividades están abertas ó público previa reserva de praza e se celebrarán no Auditorio da Fundación Mayeusis, na Rúa Areal 138; excepto o evento do mércores 22, que terá lugar na Igrexa do Sagrado Corazón con entrada libre, na Rúa Rosalía de Castro 56. A reserva de praza para os concertos dos días 23 e 24 de novembro pódese facer no propio Conservatorio Mayeusis (Rúa Areal 118), no teléfono 986221422 ou no correo electrónico info@mayeusis.com

DATOS DOS EVENTOS:

Evento 1: Misa e Concerto na honra de Santa Icía.

Lugar: Igrexa do Sagrado Corazón, Rosalía de Castro 56, Vigo.

Día e hora: 22 de novembro, 20:00 h.

Entrada: Entrada libre ata completar aforo.

Evento 2: Concerto a cargo dos alumnos do Conservatorio Mayeusis.

Lugar: Auditorio da Fundación Mayeusis. Rúa Areal 138, Vigo

Día e hora: 23 de novembro, 20:00 h.

Entrada: Entrada libre previa reserva no Conservatorio Mayeusis (Rúa Areal 118, Vigo. 986221422. info@mayeusis.com)

Evento 3: Concerto a cargo dos profesores e convidados do Conservatorio Mayeusis.

Lugar: Auditorio da Fundación Mayeusis. Rúa Areal 138, Vigo

Día e hora: 24 de novembro, 20:30 h.

Entrada: Entrada libre previa reserva no Conservatorio Mayeusis (Rúa Areal 118, Vigo. 986221422. info@mayeusis.com)

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario